Páginas

2 ene 2017

E de qué vai O Censor de Monstros

Autora: Patricia G. Varela
Ilustrador: David Bastos
Editorial: Barafunda
Lingua: galego
Ano publicación: 2016
Páxinas: 42
ISBN: 8494198519
Formato: 200 x 200 mm
Categoría: Álbum Ilustrado


Sinopse:
 

Leda é unha nena que vai pasar as vacacións de Pascua co seu avó Cristovo. Nese tempo irán por diferentes concellos de Galicia mentres este realiza o seu traballo. Non é un traballo calquera: é Censor de Monstros! Recorrerán lugares tales como Redondela, Vimianzo, Verín ou Cambeda descubrindo seres moi peculiares. A Maruxaina, o Meco, o Gizotso serán só algúns dos que se atopen.




Unha historia sinxela na que se mostra que se miras ben sempre descubrirás seres fantásticos preto de ti, e que o mellor agasallo é o tempo que pasan xuntos aqueles que se queren.