Páginas

26 jul 2018

A lenda da Maruxaina

Se inda non sabes quén é a Maruxaina, entón é que inda non coñeces O Censor de Monstros, o libro no que poderás vela xunto a outras moitas criaturas fantásticas: unha serea a cal o que máis lle gosta no mundo e cantar, inda que tal vez non o faga tan ben coma ela pensa...


A Maruxaina cantando, O Censor de Monstros.


A Maruxaina é unha serea que vive nun castelo nas illas dos Farallóns na Costa da Morte, exactamente nun lugar chamado San Cibrao, e como non se sabe moi ben qué busca coas súas cancións non hai que facerlle moito caso.

 

Como o avó Cristovo tiña que incluíla no seu censo, alí que foron a vela él e máis a súa neta Leda, pero como descobriron o seu talento non estaba a altura da súa beleza. 

Se queres saber máis sobre esta serea, ademáis de poder ler sobre ela en O Censor de Monstros, tamén podes asistir á festa que se fai no seu honor todos os 11 de agosto, na cal te poderás divertir hasta o amencer. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario