Páginas

11 nov 2018

¿Sabes quén é o Meco?

Se non sabes quén ou qué é o Meco, é que inda non coñeces O Censor de Monstros, pero deixame decirte que según din as malas línguas tratase dun anano de cabeza grande, poida que algo chosco ou quizáis sen unha orella. 

O Meco no libro O Censor de Monstros
O Meco coidando os paxariños. O Censor de Monstros.

O que importa é que as súas intencións non son boas, pois no fondo non é máis que un demo; se te fixas ben daraste conta de que os seus pés son patas de cabra, e que ás veces ata lle asoman os cornos, de modo que poderás recoñecelo pronto. 

 

Nalgúns lugares de Galicia, como O Grove ou Verín, inda que hai outros, conmemoran todos os anos polo entroido a data na que foi xulgado polos seus abusos e cómo as mulleres do lugar remataron con él. Cando acontece algo que non se sabe quen foi o responsable, o que non convén explicar, verás como sempre hai alguén que di que foi o Meco.

 

Non só hai mecos en Galicia, senon que existen por todo o planeta, inda que reciban difentes nomes: en Asturias coñécese como Busgosu, en Italia dinlle Salvanelli, e os escandinavos Meming, algo así como os Gailan árabes e os Faunos mediterráneos. Homiños con patas de cabra e cornos, que protexen os animais pero que lle fan boas falcatruadas os humanos.

Para saber o que lles aconteceu a Leda e máis o seu avó Cristovo cando atoparon o Meco de Verín diante deles, só tes que acompañarnos na nosa viaxe, descobre agora O Censor de Monstros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario