Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta #omeco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #omeco. Mostrar todas las entradas

27 nov 2018

As fichas para colorear de O Censor de Monstros

A petición de algúns d@s pequen@s axudantes de O Censor de Monstros, os deixamos as seguintes fichas para imprimir e colorear protagonizadas por os vosos seres fantásticos favoritos:


  • Ficha Nº1 O Censor de Monstros: A Coca
  • Ficha Nº2 O Censor de Monstros:  O Meco
  • Ficha Nº3 O Censor de Monstros:  A Maruxaina
  • Ficha Nº4 O Censor de Monstros: O Lobishome
Podedes descargar todas e cada unha destas fichas, só tedes que facer clic no correspondente enlace, e deixar voar a vosa imaxinación para colorealas como vós queirades. E se vos apetece, mandádenos o resultado para ver cómo quedan estes seres o voso estilo.

¡Queremos ver cómo os vedes vós! 😀

19 nov 2018

Obradoiro Infantil de Creación de Seres fantásticos na libraría Banda deseñada

Se te encantan os seres fantásticos e queres saber cómo deseñalos, este próximo sábado 24 de novembro poderás aprender da man de Patricia G.Varela e de David Bastos, os autores do libro O Censor de Monstros.


A partir das 11:30 da mañá os nenos e nenas entre os 3 e os 8 anos que queiran, poderán aprender a debuxar os seus propios personaxes e sobre todo agárdelles un bó rato todos xunt@s, con algunha sorpresa engadida.

11 nov 2018

¿Sabes quén é o Meco?

Se non sabes quén ou qué é o Meco, é que inda non coñeces O Censor de Monstros, pero deixame decirte que según din as malas línguas tratase dun anano de cabeza grande, poida que algo chosco ou quizáis sen unha orella. 

O Meco no libro O Censor de Monstros
O Meco coidando os paxariños. O Censor de Monstros.

O que importa é que as súas intencións non son boas, pois no fondo non é máis que un demo; se te fixas ben daraste conta de que os seus pés son patas de cabra, e que ás veces ata lle asoman os cornos, de modo que poderás recoñecelo pronto.