Páginas

26 nov 2018

Os axudantes do Avo Cristovo

Este sábado 24 de novembro os autores de O Censor de Monstros, a escritora Patricia G. Varela e o ilustrador David Bastos, estiveron moi ben acompañados por moit@s pequen@s que quixeron formar parte do Obradoiro de Creación de Seres Fantásticos que tivo lugar na libraría Banda Deseñada de Vigo.

Estes monstros nunca luciron tan ben!

Antía, Xiana, Pablo, Miguel, Rodrigo, Vera, Leo, Zoe, Ian ou Brais son algúns dos artistas que mostraron o seu xenio a hora de usar os lápices de cores, e que foron capaces hasta de crear as súas propias chapas para poder lucir os seus debuxos na solapa. ¡Cánto talento xunto! :)

Agardamos que o pasárades tan ben coma nós e que volvamos a repetir a experiencia, as próximas datas e lugares en que faremos obradoiros serán publicados neste blogue. Se vós tamén queredes ser axudantes do Avó Cristovo:

¡Permanecede atent@s! 😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario