Páginas

19 nov 2018

Obradoiro Infantil de Creación de Seres fantásticos na libraría Banda deseñada

Se te encantan os seres fantásticos e queres saber cómo deseñalos, este próximo sábado 24 de novembro poderás aprender da man de Patricia G.Varela e de David Bastos, os autores do libro O Censor de Monstros.


A partir das 11:30 da mañá os nenos e nenas entre os 3 e os 8 anos que queiran, poderán aprender a debuxar os seus propios personaxes e sobre todo agárdelles un bó rato todos xunt@s, con algunha sorpresa engadida.

Pero como as prazas son limitadas, é mellor que reserves a túa a través do Facebook da librería Banda Deseñada, que é donde terá lugar o evento. Aquí vos deixamos o seu enlace, para que non teñades pérdida.




Dende hoxe mesmo a serea Maruxaina e o Meco están a agardar por vós, se vos achegades poderedes velos nada máis entrar. E ata pode ser que a serea ameace con porse a cantar.
😉
¡Agardámosvos a tod@s!

No hay comentarios:

Publicar un comentario