Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta #contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #contacontos. Mostrar todas las entradas

11 nov 2018

O Censor de Monstros: a obra de teatro

Se queres ver o avó Cristovo e a Leda cos teus propios ollos, ¡e a tódolos seres fantásticos que saen no libro!, non tes máis que estar atent@ a unha das moitas representacións que teñen lugar por moitas localidades de toda Galicia.



E se queres que teña lugar no teu colexio ou asociación, non tés máis que poñerte en contacto con Barafunda Animación, para que todos eles se poñan en marcha e a serea Maruxaina, a Coca, o Meco e ata o lobishome estén alí nun abrir e pechar de ollos. ¿Inda non levaches a túa casa O Censor de Monstros?, pois está a agardarte na túa libraría máis cercana. ;)

28 nov 2016

Presentación de O Censor de Monstros

Portada "O Censor de Monstros". Barafunda Editorial

 

O próximo sábado 3 de decembro terá lugar a presentación do libro O Censor de Monstros, no marco das actividades da Culturgal 2016. O acto contará coa presenza dos autores da obra: Patricia G. Varela e David Bastos, que asinarán e adicarán exemplares con debuxos personalizados.


Ademais Barafunda Animación dará a coñecer o libro mediante un contacontos teatralizado, ás 17:00 horas. Non perdades a oportunidade de coñecer a Cristovo, a Leda e a tódolos monstros que os acompañan!